Saltar al contenido
EspañaTransparente
É obxecto deste prego a prestación do conxunto de tarefas de patrocinio publicitario, coa incorporación dos signos publicitarios determinados polo Concello de Lugo e relativos á promoción turística e/ou deportiva do municipio en medios de comunicación e difusión online así como os tradicionais, para a celebración da proba inicial do circuíto “WORD PADEL TOUR 2018” (en adiante WPT 2018) no termo municipal do Concello de Lugo na súa condición de sede oficial como “TROFEO CONCELLO DE LUGO”, os días 3 ao 9 de setembro de 2018, segundo o prego de prescricións técnicas (en adiante PPT) redactado pola Sección de Deportes do Concello de Lugo. En virtude deste contrato de patrocinio, o patrocinado (SETPOINT EVENTS, S.A.) en contraprestación ao prezo do adxudicación do contrato que se sinala na cláusula cuarta para a realización do evento, colabora na publicidade institucional do patrocinador (Concello de Lugo) contribuíndo á difusión da imaxe da cidade de Lugo e ampliación do seu coñecemento público e favorecemento da mesma, debido á importancia de dita proba e a súa difusión mediática segundo se recolle no informe xustificativo da rendabilidade do plan de medios asinado pola Xefa de Prensa do Concello e a responsable do contrato. | España Transparente