Saltar al contenido
EspañaTransparente
É obxecto deste prego a contratación da actuación musical gratuíta para o público durante as Festas de San Froilán 2018 que a continuación se indica: GRUPO MARKY RAMONE E PUSSY RIOT sendo o seu representante artístico EIDON MUSICA SRL A actuación terá lugar na Praza Horta do Seminario o día 12 de outubro de 2018 e terá unha duración mínima de 60 minutos, máis bises, e consistirá na execución pública de pezas do repertorio habitual do dito artista. Será por conta do Concello de Lugo a contratación dos equipos técnicos e do persoal necesario para a axeitada sonorización e iluminación da actuación do ARTISTA, sendo este responsable do bo uso do equipo e de todas as instalacións postas á súa disposición. O Concello de Lugo proporcionará o espazo escénico e terao en axeitadas condicións para o seu uso á hora que se conveña para o comezo da montaxe dos equipos técnicos. | España Transparente